A nova estación de calidade do aire está ubicada na rúa Penedo da localidade. Trátase dunha estación clasificada como industrial suburbana, e o seu fin é coidar a saúde das persoas a través da medición das substancias presentes no ambiente.
Incluíndo a de Penedo, a Rede de Calidade do Aire de Galicia queda composta 47 estacións de control fixas e móbiles de titularidade pública (15) e privada (32) e con distintas tipoloxías: de tráfico (9), industriais (30), e de fondo (5). Estas estacións avalían diferentes factores que afectan á calidade do aire, dependendo da súa situación e da poboación á que representan.
Concretamente, esta nova estación está asignada a Reganosa na súa autorización de impacto ambiental, xa que polo seu proceso produtivo é susceptible de afectar á calidade do aire da súa contorna. É por esta razón que se realiza un monitoreo continuo das súas emisións. Grazas a este control, pode consultarse en tempo real a calidade do aire da zona na páxina web de Meteogalicia dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.