Instaladas varias xardineiras nas beirarrúas da Avenida Fisterra na Laracha

Cedida

  • Contan con arbustos ornamentais e plantas decorativas

A Avenida de Fisterra, ao seu paso pola Laracha, xa conta con novas xardineiras creando un ambiente máis acolledor e contribuíndo a que «as rúas da vila sexan máis atractivas para pasear e gozar delas», sinalan desde o Concello.

Estes novos elementos do mobiliario urbano contarán con aligustres (ligustrum jonandum), un arbusto ornamental que non supera os dous metros de altura e que destaca pola súa resistencia tanto en espazos abertos como pechados, así como plantas decorativas como begonias e lobularias.