Instaladas unha vintena de unidades máis de aparcabicicletas polo Paseo Marítimo da Coruña

1 minutes read

O Concello instalou 19 unidades de aparcabicicletas máis polo Paseo Marítimo e arredores, que reforzarán ás existentes na súa aposta firme pola mobilidade saudable e por fomentar o uso da bicicleta entre a veciñanza. O Goberno de Inés Rey reivindica unha cidade sostible na que as/os coruñesas/es sexan os/as verdadeiros/as protagonistas. Do conxunto total, 14 destas infraestruturas son encaixadas e cinco colocáronse con parafusos nos accesos de Riazor e o Orzán, xusto na explanada das Escravas e a glorieta máis próxima á Fonte dos Surfistas. En concreto, hai cabida para catro prazas na contorna do colexio, catro nas inmediacións do Playa Club e unha unidade máis no número 9 da avenida de Bos Aires. En Barrié de la Maza, as persoas usuarias dispoñen de sete prazas máis, e na praza de María Auxiliadora instaláronse outras tres máis. Esta ampliación de aparcabicicletas suporá un incentivo de cara a que cidadanía opte por este vehículo para se desprazar pola cidade.