Instalados dous colectores para a recollida de tapóns de plástico en Baio e en Zas

1 minutes read

Quedaron instalados os colectores para tapóns de plástico na Praza Jorge Mira Pérez de Baio e nas inmediacións no Centro Sociocultural de Zas que se suman aos que xa hai nos tres centros de ensino do municipio, nos Centros Socioculturais e na propia Casa do Concello.

Ademais de ser un acto sustentable e de coidado do noso medio, os tapóns teñen un fin social xa que se destinarán a A.S.E.R. – Ayuda a Superar Enfermedades Raras – que axuda e da soporte financieiro á investigación de enfermidades raras en nenos e nenas.

Estes son os diferentes materiais que se poden despositar nos colectores: tapóns de frascos de desodorante, tapas de botes e de tetrabrick, tapóns de botellas de plástico,… Os tapóns deben depositarse no interior dos colectores. Dende o Concello de Zas agradecen de antemán a colaboración de toda a veciñanza nun acto solidario e que axuda a coidar do noso medio.