Instalados os novos contedores de reciclaxe en Ponteceso

0 minutes read


O Concello de Ponteceso xa conta con novos contedores de reciclaxe grazas a un convenio con Ecoembes para «aumentar a capacidade de reciclaxe do municipio», destacan desde a Alcaldía.

A entidade entregou contedores xerais de lixo inorgánico e tamén de recollida de plástico. A pesar da «dispersión da poboación» que non permite instalar «un contedor de papel ou de plástico onde hai un inorgánico», desde o Concello animan a toda a poboación a reciclar e a reducir a cantidade de lixo.