Instalan unha tirolesa xigante para baixar da torre Eiffel

1 minutes read
  • Para poder descender en tirolesa desde o segundo piso da torre hai que aguantar colas de máis de dúas horas de espera.

A divertida forma de descender desde a torre Eiffel. A tirolesa, zip line en inglés, permítenos facelo a uns 100 kilometros por hora cunha vista fantástica de Paris e percorre 800 metros en aproximadamente un minuto. Esta atracción é gratuíta e estará ata o 2 de xuño. A coñecida marca de auga francesa Perrier foi a prototora da iniciativa e instalou unha espectacular tirolesa que descende desde o segundo piso da emblemática torre parisiense. O motivo é a celebración do torneo de tenis de Roland Garros e faino desde o ano 2017.