Instan a Tecores e Medio Ambiente a actuar contra o xabaril en Salto, Vimianzo

2 minutes read

Unións Agrarias trasladoulle á Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente de A Coruña, as queixas xeralizadas que está a recibir de produtores da parroquia de Santa María de Salto en Vimianzo, ante a intensidade dos danos que producen mandas
incontroladas de xabaril nos terreos de cultivo que se están a sementar ao inicio desta campaña de sementeira do millo forraxeiro.

Os produtores denuncian a imposibilidade de sacar adiante con normalidade o seu traballo nas aproximadamente 350 ha que se están a sementar na parroquia, e que son o sustento de máis de 12 explotacións, fundamentalmente de producción de leite. Dase a circunstancia que os xabaríns están moi adaptados á presenza humana e ata van detrás dos tractores segundo van botando o millo nos regos de plantación. Unha situación límite que require dunha actuación inmediata, que reduza a presenza destos animais en terras de cultivo, e recupere a normalidade da campaña da sementeira nun momento
especialmente delicado para os produtores de leite, que dependen da producion de millo para garantir a alimentación do gando durante todo o ciclo produtivo.

Dase a circunstancia ademáis, que esta parroquia e limítrofe cos Concellos
de Zas e Laxe, polo que calquera programación de control de danos e redución
da presenza de xabaríns debería de coordinarse coas Sociedades de Caza
destos Concellos para ser eficaz. Por elo e ante a complexidade da
situación, Unións Agrarias instou á Xefatura Territorial da de Coruña da
Consellería de Ánxeles Vázquez a exercer as súas competencias e coordinar
una acción decidida con estes TECOR que devolva a normalidade a estas
explotacións, limitando a presenza dos xabaríns e reducindo os danos e o
nivel de incerteza e preocupación das explotacións que dependen deste
cultivo.

Unións Agrarias lembra que independentemente da fase do Estado de Alarma, a caza do
xabarín por control de danos está autorizada, e que non hai excusas de ningún tipo para non desenvolver medidas que reduzan a presenza do xabaril nesta comarca gandeira tan importante de Galicia, onde o millo se ve ameazado na sementeira e nos meses en que maduran as espigas, a partires do mes de agosto, polo que a presión sobre esta especie debe de manterse nos próximos meses, cos instrumentos previstos na normativa e que deben ser autorizados pola Consellería de Medio Ambiente, ata eliminar os danos nas
zonas de cultivo.

Unións tamén lembra que segundo a Lei 13/2013 de Caza de Galicia, son os TECOR e Sociedades de Caza os responsables do control dos danos, e de indemnizar aos agricultores e gandeiros cando estes se producen, xa que no mes de febreiro deste ano o Parlamento de Galicia rexeitou a Iniciativa Lexislativa Popular do sindicato, que avalada por máis de 6.500 firmas de homes e mulleres do rural galego, pretendía trasladar esta responsabilidade de control de poboacións de xabaríns e de indemnización de danos á Xunta de Galicia. Razón pola cal os produtores da zona se están a organizar para
documentar mos danos e requerir xudicialmente a súa compensación económica
aos TECOR e Sociedades de Caza.