- A ACD AWEN é unha asociación de Carballo, fundada en Agosto de 2018 por Matías Navarrete Gurgone, ex futbolista profesional e adestrador UEFA A, que propón actividades culturais e deportivas que fomenten a inclusión social e o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos.
- As Escolas Luis Calvo Sanz de fútbol que preside Chicha Calvo, creáronse no ano 2001. Luciano Calvo Pumpido como presidente, e, José Ramón Torres Pichel como director, foron os fundadores desta institución deportiva que naceu co obxecto de fomentar o fútbol base e os seus valores deportivos en Carballo, na Comarca de Bergantiños, na Costa da Morte y nas zonas de influencia de A Coruña e Mariñas.
As Escolas Luis Calvo Sanz e a Asociación Cultural e Deportiva Awen firman un convenio de colaboración co que a integración social e o deporte van da man.
Con este proxecto, as dúas entidades, únense co obxectivo de que os nenos e nenas da comarca poidan, amais de formarse deportivamente, conseguir un desenvolvemento humano e de intelixencia emocional pleno e sobre todo, ten como fin principal, o de conseguir a integración de todos e todas.
Proxecto Awen – Escolas Luis Calvo Sanz
O convenio Awen – Escolas Luis Calvo nace co obxectivo de potenciar o traballo que se vén realizando ata o de agora nas dúas entidades. Nas Escolas Luis Calvo no fomento da práctica do deporte en xeral e do fútbol en particular, incidindo na formación no só no plano deportivo, senón tamén no desenvolvemento das nenas e nenos a nivel social, educativo e no fomento de valores deportivos. Unha filosofía que comparte ACD Awen e que vén demostrando ao longo dos catro anos dende que comezou a súa andaina en Carballo, destacando o seu gran labor a nivel social, integral e formativo.
Unificar a experiencia e o crecemento exponencial das Escolas Luis Calvo a día de hoxe, co traballo que leva a cabo Awen a nivel social, permitiranos fortalecer, máis se cabe, este proxecto en Carballo e na Comarca de Bergantiños, unindo así os esforzos das dúas entidades por unha integración social e o fomento da práctica do deporte dende a súa perspectiva máis solidaria, humana e social.
O crecemento a nivel competitivo das Escolas Luis Calvo nestes últimos anos e a procura de obxectivos como poden ser o desenvolvemento humano, a intelixencia emocional e a inclusión de ACD Awen, únense para crear un amplo abano de posibilidades na contorna permitíndolle ás familias elixir segundo as súas prioridades e actividades que mellor se adapten ás súas circunstancias.