Íntegro: 30 anos loitando polos dereitos das persoas con diversidade funcional na Costa da Morte

1 minutes read
  • A entidade presentará este venres unha programación de actividades con motivo do seu aniversario

A asociación Íntegro celebrou este martes o seu 30º aniversario: tres décadas traballando e loitando polos dereitos das persoas con diversidade funcional na Costa da Morte.

Para visibilizar todo o labor realizado, a entidade ofrecerá unha rolda de prensa este venres, ás 12:00 horas, nas súas instalacións de Nantón (Cabana de Bergantiños). Ademais de realizar unha viaxe pola súa historia, darase a coñecer o programa de actividades elaborado con motivo do seu aniversario. Ao acto asistirán o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña; o tesoureiro, Sil Couto, e a directora do Centro de Recursos, Noelia Barreira, entre outros integrantes da asociación.