0
As instalacións da Asociación Íntegro acolleron este xoves unha sesión formativa de cociña sostible ofrecida polo cociñeiro Alejandro Iglesias. Na actividade, promovida por People & Planet, coa colaboración do Concello de Cabana e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, as persoas asistentes puideron comprobar de primeira man as vantaxes da sustentabilidade nos fogóns e mesmo aplicar os coñecementos adquiridos coa elaboración dunha serie de receitas.