A asociación Íntegro celebrará este sábado 15 a súa asemblea xeral ordinaria, á que están convocados/as todos os socios e socias da entidade. Dita xuntanza, aprobada pola Xunta Directiva o pasado 18 de febreiro, terá lugar no Centro de Recursos de Nantón, en Cabana de Bergantiños, a partir das 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda. A relación de asuntos a tratar desenvolverase de acordo á seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
2. Actividades levadas a cabo no ano 2022
3. Estado contable do ano 2022 e a súa aprobación, se procede
4. Actividades e orzamentos para o ano 2023 e a súa aprobación, se procede
5. Situación económica e resume anual do Centro Especial de Emprego Máis Porvir Xestión Social
6. Informes da Presidencia
7. Rogos e preguntas
Segundo os estatutos vixentes, as persoas que desexen participar na reunión, exercendo o seu dereito de voz e voto e beneficiándose dos descontos para socios/as, deberán estar ao corrente no pagamento da cota anual correspondente ao exercicio 2023. As persoas que non teñan o pago domiciliado, deberán formalizar o ingreso, á maior brevidade posible, no propio centro ou nas contas bancarias da Entidade, facendo constar o nome do socio/a máis cota anual 2023.