32
- A iniciativa, enmarcada no programa Capacíta-T, pretende achegar aos máis pequenos a diversidade e a inclusión a través do xogo
Un total de 15 nenos e nenas das escolas unitarias de Torrexallóns e Traba de Laxe participaron nunha nova xornada de sensibilización posta en marcha pola asociación Íntegro. Nesta ocasión foi a través da Diverescola, unha iniciativa do programa Capacíta-T para achegar aos máis cativos da Costa da Morte «a diversidade e a inclusión a través do xogo e o entretemento», sinalan desde Íntegro.
Dada a curta idade do alumnado, a actividade centrouse exclusivamente na representación dun ‘contaconto guiado’ para atraer o interese dos máis pequenos a través da escenificación da lectura e conversas para afianzar conceptos relacionados coa inclusión e a diversidade.