Íntegro organiza unha visita á Ribeira Sacra con actividades enoturísticas, gastronómicas e culturais

1 minutes read

A asociación Íntegro organiza para o vindeiro 20 de xuño unha saída á Ribeira Sacra, unha proposta que combina natureza, cultura e lecer nunha das contornas máis emblemáticas de Galicia. A actividade está dirixida tanto a persoas socias como á cidadanía en xeral.
A xornada incluirá unha visita guiada á bodega Regina Viarum, situada no corazón da Ribeira Sacra, con degustación de viños, así como un xantar no Mesón Casa Lelo, onde as persoas participantes poderán gozar da gastronomía local. Pola tarde, realizarase unha ruta en barco polos Canóns do Sil, que permitirá descubrir desde o río algunhas das paisaxes máis singulares da zona.
A saída terá lugar ás 8:30 horas desde as instalacións da entidade en Nantón (Cabana de Bergantiños), con regreso previsto arredor das 22:00 horas. O desprazamento realizarase en autobús.
O prezo da actividade será de 70 euros para persoas socias e 80 euros para non socias, incluíndo transporte, visitas e xantar. As inscricións permanecerán abertas ata o 20 de maio, con prazas limitadas e condicionadas a un número mínimo de participantes.
Unha vez pechado o prazo de inscrición, a organización confirmará as prazas e indicará o procedemento para realizar o pagamento.
As persoas interesadas poden obter máis información ou formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico info@integro.es ou nos teléfonos 981 734 985 e 650 961 649.
Desde Íntegro animan á participación nesta iniciativa, pensada para ofrecer unha experiencia de convivencia e lecer nun entorno natural de gran valor paisaxístico.