20
- A actividade, enmarcada no programa “Coidemos o noso entorno”, terá lugar este venres 18
O Grupo Xuvenil de Íntegro, en colaboración co Concello de Coristanco, realizará este venres 18 de setembro unha nova acción medioambiental nos montes de Penavia e Monte Aberto, na parroquia de Seavia. Este programa de Iniciativa Xove “Coidemos o noso Entorno”, promovido pola Consellería de Política Social, consistirá na recollida de residuos en ditos lugares.
A asociación Íntegro é unha entidade social que, sen ánimo de lucro, promove a inclusión social de persoas con diversidade funcional dende 1992.