As axencias de intelixencia de Estados Unidos descartaron que o virus SARS- CoV-2, causante da pandemia de COVID-19, fóra deseñado como unha arma biolóxica, segundo un informe que se fixo público este venres.
O informe, con todo, non chega a unha conclusión definitiva sobre que orixinou o virus e acusa a China de reter «información crucial». A investigación levada a cabo pola Intelixencia estadounidense considera «plausibles» as hipóteses da exposición natural a un animal infectado e a da fuga dun laboratorio.
En concreto, catro axencias da comunidade de Intelixencia e o Consello Nacional de Intelixencia cren que «probablemente» o virus saltou dun animal a un humano. Outra das axencias mostrou unha «confianza moderada» en que a primeira infección con SARS- CoV-2 nun humano «probablemente» foi o resultado dun incidente nun laboratorio.