Intensa actividade da Costa da Morte na feira Xantar de Ourense

1 minutes read

Este venres día 7 será o día adicado a provincia da Coruña, onde a Costa da Morte estará moi ben representada, incluirá un showcooking do Concello de Vimianzo con sabores da historia.

Ademais, ese mesmo venres, nas Aulas Gastronómicas da Feira, o Concello de Carballo ofrecerá unha mostra de empanada caseira e arroz caldoso de peixes e mariscos a cargo da Escola de Hostalaría municipal.

No espazo da Deputación, ao longo do día ofrecerase ao público asistente a Xantar a degustación e pan e empanada de Carballo, queixo de Arzúa, pinchos irmandiños de Vimianzo e mexillóns escabechados da Ría de Muros e Noia. Como en edicións anteriores, o bolo do pote de Mazaricos volverá ser protagonista en Ourense dunha preparación ao vivo, desta volta, o domingo ás 12:00 horas.