Intensifícanse os combates en Ucraína, en Bajmut, o sur e o nordés do país

1 minutes read

A contraofensiva ucraína presiona ás tropas rusas en Bajmut e no sur do país, mentres que os ataques rusos parecen concentrarse no fronte nordés de Kúpiansk e Limán. A Intelixencia británica prevé que nos próximos meses Rusia intensificará a súa ofensiva nesta zona.

Este sábado os rusos atacaron un obxectivo civil, unha cafetería de Kúpiansk, causando polo menos dous mortos, segundo o xefe da Administración Estatal na rexión de Járkov.

A defensa antiaérea rusa repeleu un novo ataque con drons contra Moscova, segundo o alcalde da cidade. O que obrigou a pechar temporalmente os tres principais aeroportos . Suspenderon os seus voos durante máis dunha hora.

Rusia culpou a Ucraína do que parecía ser o último dos ataques case diarios contra a capital rusa e a rexión circundante.

Segundo a axencia de noticias ucraína Ukrinform os ucraínos atacaron Crimea con drons, causando decenas de vítimas e danando depósitos de municións.