Intenso programa de Entroido en Carballo con 8.500 € en premios


O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, presentaron no Pazo da Cultura as actividades do Entroido 2019, un extenso e intenso programa que, entre o 15 de febreiro e o 23 de marzo, contará con concurso e desfile de disfraces e carrozas presentado polo Mago Álex, o enterro da sardiña, as propostas que organizan as distintas asociacións culturais e veciñais das parroquias, festas gastronómicas, cotillóns, baile de maiores, obradoiros e foliadas, entre outras. Ao remate do desfile celebrarase o tradicional baile de disfraces na Praza do Concello amenizado pola Orquestra Trebol, durante o cal terá lugar a entrega de premios do concurso que repartirá en premios 8.500 €. O 5 de marzo será o Enterro da Sardiña desde as 21.00 horas, estará coordinada pola Aula Municipal de Teatro, con quen colaborarán Vagalume Animación, Cruz Vermella e a charanga Santa Compaña, que animará e acompañará a comitiva.

Evencio Ferrero e Marcos Trigo na presentación