Acerbaixán | Intensos combates en Nagorno Karabaj


O conflito en Nagorno Karabaj amplía os seus contornos máis aló do enclave separatista e ameaza con converterse nunha guerra no Cáucaso. Os intensos combates entre soldados acerbaixanos e separatistas armenios deixaron preto de cen mortos desde o pasado domingo. Son os enfrontamentos máis violentos rexistrados desde 2016. O Alto Karabaj é unha conflitiva rexión controlada, polo réxime separatista da República de Artsaj. O conflito entre Acerbaixán e Armenia no alto Karabaj deixou en 1993 vinte mil mortos e oitocentos mil desprazados. Polo seu lado, Turquía, que reafirma o seu apoio a Acerbaixán, derrubaría un avión de combate armenio durante unha operación conxunta coa aviación acerbaixana. O secretario de Estado de EEUU Mike Pompeo urxe a unha solución pacífica en Nagorno Karabaj. Mentres, as forzas azeríes iniciaron unha campaña de recrutamento militar que auguran feroces combates. E en Ereván a poboación mobilízase para colleitar alimentos e axuda para a zona en conflito. Este martes, centos de manifestantes saíron ás rúas da capital armenia para pedir ás Nacións Unidas que condenen a Acerbaixán e Turquía pola recente escalada na rexión de Nagorno Karabaj.