Dous intentos de roubo en Carballo a 50 metros do concello


Pasados uns minutos das 12 do mediodía deste sábado, houbo un intento de roubo nunha tenda de informática en Carballo, preto do concello e por tanto da base da Policía Local.

O suceso tivo lugar na confluencia das rúas Valle Inclán e Concepción Arenal, donde se ubica o establecemento “Informática Axiña”. Un individuo moreno e de complexión delgada, que semellaba falar polo móvil, aproveitou un descuido do propietario da tenda mentras atendía a outros clientes e agachou un ordenador portátil que estaba no escaparate, debaixo da chaqueta, presuntamente coa intención de sustraelo, nun momento de flash o dono da tenda percatouse que o aparello nón estaba e doulle tempo de reter o presunto asaltante mentras se deu aviso a Policia Local que de inmediato detivo ao presunto ladrón.

Ordenador do escaparate da tenda.

Outro furto na mesma zona, levouse a cabo no supermercado Froiz preto das 3 da tarde, co roubo dunha pequena caixa de mercadoría.