Rusia denuncia ataques con drons sen mortos en Moscova e Crimea. Ucraína sinala que houbo tres civís falecidos e varios feridos por ataques rusos en Zaporiyia e Sumy. A noite do sábado producíronse tres intentos de ataques con drons no centro de Moscova. Os tres segundo Rusia foron interceptados. Un deles derrubado antes de alcanzar a cidade. Obrigaron a pechar temporalmente un dos aeroportos da capital. Segundo as autoridades houbo un ferido. É o terceiro ataque que se produce sobre a capital esta semana e o cuarto no que vai de mes. Pouco despois do ataque sobre Moscova, as forzas antiaéreas rusas derrubaron 25 drons ucraínos que tentaban atacar obxectivos na península de Crimea, anexionada por Moscova en 2014, informou o Ministerio de Defensa de Rusia. Polo outro lado, a axencia de noticias ucraína «Ukrinfrom» apunta que na provinicia de Zaporiyia rexistráronse 77 ataques rusos. Mentres que en Sumy un foguete ruso impactou nun centro educativo, matando a un civil e ferindo a outros cinco.
41