47
Corea do Norte comezou este mércores lanzando 10 mísiles de proba ao Mar do Leste ou Mar de Xapón. Un dos tres mísiles balísticos que lanzou caeu en augas surcoreanas, a 57 quilómetros da costa. Ante esta provocación Corea do Sur respondeu lanzando tamén tres mísiles aire-terra a augas norcoreanas. É a primeira vez que este tipo de lanzamentos caen nas súas respectivas augas o que empeora aínda máis o clima de tensión rexional na zona. O intercambio de mísiles prodúcese tamén nun momento no que Seúl e Washington están a practicar manobras aéreas na rexión.