Interceptado en Lugo circulando en dirección contraria e superando a taxa de alcol

1 minutes read

Axentes da Policía Local detiveron un vehículo que circulaba en sentido contrario pola avenida Infanta Elena de Lugo. O condutor deu unha taxa positiva de 1,32 miligramos de alcol por litro de aire espirado, case seis veces superior ao permitido pola lei.

Foi outro usuario da vía quen deu aviso á policía ás oito da tarde do pasado día 10, despois de gravar co seu móbil ao infractor e comprobar que seguía circulando pola rúa Paradai. El mesmo informou aos axentes de que o condutor intentara chocar contra varios dos turismos que circulaban por esa vía.

Unha vez foron alertadas as patrullas da Unidade Territorial de Policía de Barrio, unha delas localizou aos poucos minutos o vehículo indicado. Este foi interceptado na rúa Monforte, cando trataba de acceder a un aparcadoiro.

A Policía Local instrúe ao condutor dilixencias polos delitos de condución dun vehículo a motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas e condución temeraria pola modalidade de xuízo rápido.