Interceptado un condutor en sentido contrario e borracho pola AP-9

Garda Civil. Arquivo.

O Subsector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña, investigou a un condutor como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria. Os feitos ocorreron por mor da alerta recibida na Central Operativa do Tráfico (COTA) da Coruña, procedente do Centro de Xestión do Tráfico do Noroeste, indicando a visualización nas cámaras de vixilancia dun vehículo circulando en sentido contrario ao fluxo da circulación na autoestrada AP-9 á altura da localidade de Sigüeiro.

Inmediatamente os operadores de COTA activaron o protocolo de actuación, alertando aos usuarios da vía desta incidencia a través da activación de mensaxes nos paneis viarios e mobilizando a todas as patrullas da Agrupación de Tráfico e de Seguridade Cidadá de servizo na zona para a interceptación do vehículo. A forza actuante procedeu ao peche dos accesos á mencionada vía no tramo que discorre entre as localidades de Ordes e Sigüeiro e ao illamento da mesma, desviando aos vehículos que circulaban en sentido Tui á área de descanso situada no quilómetro 18, continuando unha das patrullas ao encontro do automóbil infractor.

A Garda Civil interceptou ao vehículo, sometendo ao seu condutor ás probas de detección de consumo de bebidas alcohólicas, arroxando unha taxa de 0,93 mg/ l de alcol expirado e de consumo de substancias estupefacientes, sendo negativo o resultado desta. A Benemérita procedeu á inmobilización do turismo e á investigación do seu condutor como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria, un por circular en sentido contrario ao fluxo establecido e o segundo por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

O investigado, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Instrución Número 1 de Santiago de Compostela. A circulación en sentido contrario pode constituír un delito contra a seguridade viaria con penas de prisión de 6 meses a dous anos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha