O Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Corcubión localizou, á altura do quilómetro 80 da AC-552 do termo municipal de Dumbría, a un condutor veciño de Santa Comba, de 37 anos de idade, que tras ser sometido á proba de alcoholemia arroxou na primeira proba de 0,88 MG/L, e 0,87 MG/L, na segunda proba. Por iso é investigado por un delito contra a seguridade viaria, por condución dun vehículo de motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Tamén foi citado para comparecer ante o Xulgado de Instrución de Corcubión, en datas próximas.