Interceptan unha carta con dúas balas para José Luis Rodríguez Zapatero

1 minutes read

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, gardou mutismo sobre o asunto do que todos falaban este mércores en España: as ameazas por carta que están a recibir numerosos políticos. O último foi o expresidente do Goberno español José Luis Rodríguez Zapatero. Os servizos de correos interceptaron este mércores unha carta dirixida a el que contiña dúas balas no seu interior. Tras concluír a visita a Jansen, Pedro Sánchez condenou a través de Twitter esta ameaza e fixo unha chamamento a deter a espiral de odio que está detrás destas misivas.

Antes que Zapatero, outras seis persoas foron obxecto de ameazas con cartas similares que chegaron ao seu destino ou que foron interceptadas antes de facelo. Entre os ameazados atópanse a presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Ayuso, o líder de Unidas Podemos e exvicepresidente do Goberno, Pablo Iglesias, e o ministro do Interior, Fernando Grande Marlaska.

A onda de ameazas ten como pano de fondo o esprint final da campaña electoral en Madrid. Desde o Goberno central e desde a esquerda responsabilízase ao discurso de odio da formación ultradereitista VOX, o posible bastón, segundo as enquisas, no que se apoiará a popular Isabel Ayuso para repetir á fronte do Goberno Rexional.