Interior activa a ‘Campaña de Vialidad Invernal 2022-2023′

A subsecretaria do Ministerio do Interior, Isabel Goicoechea, acompañada polo director xeral de Protección Civil e Emerxencias, Leonardo Marcos, presidiu a reunión do Comité Estatal de Coordinación e Dirección de Vialidad Invernal ante nevadas e outras situacións meteorolóxicas extremas que poidan afectar á rede de estradas do Estado durante a próxima campaña 2022-2023.

O Protocolo ante fenómenos extremos activarase cando as informacións meteorolóxicas da Axencia Estatal de Meteoroloxía anuncien previsibles afectacións nos 26.478 quilómetros da rede nacional de estradas.

Isabel Goicoechea subliñou que «é fundamental manter a máxima coordinación entre todos os organismos que integramos este Comité Estatal para garantir a seguridade viaria e, sobre todo, a seguridade dos cidadáns que circulan polas estradas españolas».

Nese sentido, «a actuación da Unidade de Valoración de Riscos axudaranos a implementar cando antes as medidas necesarias para evitar que unha situación de risco poida derivar nunha situación de emerxencia. Trátase en definitiva de despregar todos os recursos materiais e humanos de que dispoñemos dunha maneira eficaz e coordinada», engadiu a subsecretaria.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha