Interior investiga se Rajoy saltou o confinamento para facer deporte

0 minutes read

O ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, dixo este martes que se está investigando se o ex-presidente do Goberno Mariano Rajoy saltou o confinamento e precisou que, de ser así, aplicarase a norma. «Están a realizarse as investigacións oportunas para comprobar ese extremo», declarou o ministro en conferencia de prensa ao ser preguntado sobre que lle parecía o feito de que Rajoy saíse a camiñar con zapatillas de deporte, tal e como se lle viu nunhas imaxes difundidas pola Sexta.. «O nome non determina unha aplicación ou outra» da norma, concluíu o titular do Interior.