O primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, confirmou que as forzas armadas seguirán atacando en todo o enclave palestino, incluído Rafah, ata eliminar a Hamás, recuperar a todos os reféns e previr futuras ameazas de Gaza contra Israel. Os palestinos recibiron este xoves nun contedor 43 cadáveres máis. Esta vez devolvéronos en Rafah as autoridades israelís para ser enterrados nunha fosa común. A axuda humanitaria segue chegando á Franxa de Gaza por vía aérea. Mentres Israel segue bloqueando a axuda alimentaria almacenada en camións na fronteira Gaza con Exipto. Cinco meses de ataques israelís dan como balance un masacre sen precedentes, a destrución da Franxa de Gaza e unha catástrofe humanitaria que crece constantemente.
20