Intervención dos bombeiros de Santa Comba tras un accidente de tráfico con feridos

Imaxe de arquivo bombeiros de Santa Comba nun operativo

O sinistro tivo lugar este domingo na estrada AC-406 na Braña Rica, na saída de Santa Comba en dirección Santiago. Unha vez no lugar, os bombeiros procederon a atender a unha persoa ferida ata a chegada dos efectivos sanitarios e a regular o tráfico ata a chegada dos axentes da Garda Civil. Tamén realizaron a limpeza da estrada. Ademais con anterioridade, os bombeiros de Santa Comba tamén tiveron que actuar ante a existencia dun cable do tendido telefónico que supoñía un perigo no lugar de Quintáns, na parroquia de Vilar, no Concello de Zas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha