37
Unha operación contra o contrabando de tabaco saldouse esta pasada fin de semana con cinco detidos e a intervención dunha fábrica clandestina situada no polígono industrial Área 33 do Concello pontevedrés de Silleda. A actuación enmárcase nunha operación levada a cabo pola Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil en varias provincias de España, entre elas, Pontevedra e A Coruña. Segundo informan desde o instituto armado a operación continúa aberta e non se descartan novas detencións.