Intervida unha residencia de maiores no Barco de Valdeorras

Imaxe dunha residencia no Barco_Cedida

Cinco enfermeiras e 18 coidadores reforzan o persoal da residencia Nosa Señora de Fátima do Barco de Valdeorras, intervida pola Xunta. A proliferación de casos positivos de COVID-19 neste centro, con 61 usuarios e 18 traballadores, foi o detonante desta intervención adoptada conxuntamente polas consellerías de Política Social e Sanidade. Unha medida que xa se adoptara tamén nas Domusvi de Vigo e de Cangas, reconvertidas agora en centros integrados para pacientes de coronavirus.