Intervidas 227 festas ilegais en Madrid durante a fin de semana


A Policía Municipal de Madrid desmantelou 227 festas ilegais entre a noite do venres e o sábado na cidade, o que supón unha lixeira redución respecto ás 250 da semana anterior. Nas celebracións incumprían os horarios co toque de queda vixente ás once da noite, non se facía uso da máscara e compartían espazos non conviventes no mesmo domicilio. Nunha das actuacións no distrito centro da capital, nun piso, estaban 37 persoas que ignoraban toda a lexislación vixente pola pandemia. Todos están propostos para sanción administrativa.
Nas distintas intervencións produciuse o arresto de tres persoas en pisos turísticos por enfrontarse cos axentes.