Intervido un barco con máis de 1.000 quilos de cocaína escondidos en sacos de millo

Imaxe da droga no barco_Garda Civil

  • A cocaína viaxaba escondida nun barco procedente de Brasil con destino Cádiz

Nunha operación conxunta da Policía Nacional, a Garda Civil e Axencia Tributaria interviñéronse máis de 1.200 quilogramos de cocaína oculta nun barco cargado de millo procedente de Brasil. A cocaína viaxaba escondida entre case 3.500 toneladas de millo que transportaba un navío con destino Cádiz.

Os feitos producíronse o pasado día 16 de outubro cando o barco UNISPIRIT foi interceptado a unhas 50 millas náuticas da illa de Gran Canaria, aínda que o buque xa fora interceptado en Sao Sebastiao (Brasil) semanas antes, onde foron incautados 1.524 kg de cocaína polos axentes da Receita Federal e Policía Federal de Brasil.

Related posts

O PP gaña sen maioría en Aragón e dependerá de Vox para gobernar

Tráfico xa sanciona por non levar a V16: que di a norma e como evitar problemas na estrada

España prohibirá acceder ás redes sociais a menores de 16 anos