Intervido un criadeiro ilegal de cans en Culleredo

Criadeiro de cans localizado_Culleredo.

Axentes da Policía Local de Culleredo e da Garda Civil localizaron nunha nave industrial na rúa Río Mero de Almeiras a un total de 65 cans da raza American Bully dentro de gaiolas, separados por sexos e idades. Segundo fontes municipais próximas á investigación, o destino destes animais era a súa venda no mercado europeo, especialmente Inglaterra. Os axentes descubriron que os criadores carecían de autorizacións tanto autonómicas como municipais para levar a cabo esta actividade. Esta intervención de ambos os corpos policiais deu lugar á proposta dunha decena de denuncias administrativas por presuntas infraccións graves contra a Lei 4/2017 do 3 de outubro de Benestar Animal da Xunta de Galicia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha