O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, presentou o Plan de impulso ao sector turístico, que apoiará en cinco piares a estratexia pública destinada a recuperar un dos motores máis importantes da economía española con 4.262 millóns de euros.
• Medidas de reactivación e créditos. A maior parte dos recursos, case 3.400 millóns de euros destinaranse a este capítulo.
• Mellora da competitividade. Para elo investiranse 859 millóns de euros.
• Mercadotecnia e promoción. Cunha partida de 38 millóns de euros.
• Mellora do modelo de coñecemento e intelixencia turística. Para este fin hai unha partida de 3,1 millóns de euros.
• Recuperación da confianza en España como destino seguro. Destinaranse 200.000 euros.
Pedro Sánchez apuntou que se suma esta dotación aos mecanismos de protección xa adoptados a través dos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE), que beneficiaron 1,12 millóns de traballadores, e aos case 11.000 millóns de euros de liñas ICO destinados a este sector.
A parada da actividade polo confinamento puxo a cero os contadores, que comenzaron a andar timidamente, aínda que con paso firme, coa desescalada. O sector do turismo reclama para reactivarse medidas laborais, financeiras e fiscais, que permitan paliar as perdas, calculadas en máis de 80.000 millóns de euros.