Inversión de máis dun millón de euros en 18 proxectos na comarca

O Fondo de Compensación Ambiental e de Infraestruturas repartiu máis dun millón de euros en 18 proxectos na comarca de Ferrol, que entre outras cousas permitiu a renovación de todas as luminarias, por focos led máis eficientes na AC-566 cunha axuda da orde de Compensación Ambiental da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza Turismo. Esta actuación, xunto con varias accións de limpeza e recuperación de espazos naturais, contaron cunha achega autonómica de máis de 33.000 euros.

Así o fixo saber o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, quen destacou que “estas axudas son posibles grazas á aprobación, en 2009 da lei, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental xa que antes os concellos non percibían nada polos muíños de produción de enerxía eléctrica instalados no seu territorio”.

O delegado da Xunta puntualizou que “estas axudas van a destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial, polo que son de gran utilidade para os concellos”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha