23
- Durante a investigación os axentes descubriron que as compras foran realizadas a través do teléfono da vítima
A Garda Civil do Milladoiro investiga a unha muller como presunta autora dunha simulación dun delito.
A suposta vítima, de 64 anos, denunciara unha serie de cargos fraudulentos por valor de 237€ na súa conta bancaria e que viñan a nome dunha coñecida plataforma da internet dedicada á venda de artigos de todo tipo.
Durante a investigación os axentes comprobaron que eses cargos correspondíanse con compras de lenzaría e produtos eróticos sofisticados que foran realizadas a través do teléfono da denunciante e que ademais foran entregadas no seu domicilio.
O caso atópase agora no Xulgado de Instrución de Garda de Santiago de Compostela.