Investigada unha muller por simular compras fraudulentas na internet

  • Durante a investigación os axentes descubriron que as compras foran realizadas a través do teléfono da vítima

A Garda Civil do Milladoiro investiga a unha muller como presunta autora dunha simulación dun delito.

A suposta vítima, de 64 anos, denunciara unha serie de cargos fraudulentos por valor de 237€ na súa conta bancaria e que viñan a nome dunha coñecida plataforma da internet dedicada á venda de artigos de todo tipo.

Durante a investigación os axentes comprobaron que eses cargos correspondíanse con compras de lenzaría e produtos eróticos sofisticados que foran realizadas a través do teléfono da denunciante e que ademais foran entregadas no seu domicilio.

O caso atópase agora no Xulgado de Instrución de Garda de Santiago de Compostela.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha