Investigada unha taxista da Coruña como presunta autora dun delito de furto

1 minutes read

O Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil da Compañía da Coruña, investigou a unha persoa como presunta autora dun delito de furto. Os feitos ocorreron por mor da denuncia presentada pola vítima, comunicando que lle subtraeran un terminal de telefonía móbil, valorado en 750€, no interior dun taxi. A Garda Civil investigou os feitos ao obxecto de comprobar a súa veracidade, a identificación da suposta autora e a recuperación do efecto subtraído. Como resultado do traballo operativo realizado, os efectivos do mencionado Equipo, constataron que a presunta autora, aproveitando a súa condición de condutora dun taxí, nun momento de distracción da vítima, apoderouse do mencionado terminal, para o seu uso como teléfono particular, apagándoo inmediatamente para evitar a súa localización. Unha vez apeada a vítima, procedeu ao borrado dos datos do terminal, reestablecendo os valores de fábrica, tentando con esta operación imposibilitar o rastrexo e localización do mesmo. A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa como presunta autora dun delito de furto e á recuperación do terminal sustríado, retornándollo á súa lexítima propietaria. A investigada, xunto coas actuacións realizadas, foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución de garda da Coruña.