Investigada unha veciña da Coruña por estafar máis de 1.500 euros a unha coñecida

Imaxe dun Garda Civil

  • A muller aproveitou o descoñecemento das novas tecnoloxías dunha amiga para solicitar os seus datos bancarios

O Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil da Coruña investigou a unha veciña da localidade como presunta autora dun delito continuado de estafa.

A investigación dos feitos iniciouse despois de que unha persoa de Oleiros denunciase cargos non autorizados de 1.500 euros na súa conta bancaria. Tras solicitar toda a información, os axentes comprobaron que os cargos correspondían a unha subscrición a unha páxina web e cargos telefónicos correspondentes a números de tarificación especial.

Ditas transaccións foran realizadas pola investigada, quen aproveitou a súa amizade coa denunciante e o seu descoñecemento das novas tecnoloxías para solicitar os datos da súa tarxeta bancaria.

A investigada, xunto coas actuacións realizadas, foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda da Coruña.