Os feitos, investigados pola Garda Civil de Vimianzo, ocorreron a raíz da denuncia interposta polo prexudicado nas dependencias oficiais da mencionada Unidade, comunicando recibir cargos non autorizados na súa tarxeta bancaria por un importe total de 1.845,55 euros.
A Garda Civil investigou estas cuestións en aras de constatala veracidade das mesmas e lograr a identificación do autor ou autores do ilícito.
No transcurso da investigación, os efectivos actuantes solicitaron as evidencias que permitiron a identificación plena da presunta autora dos feitos, a cal resulto ser unha veciña de Laxe que realizou labores de coidado da nai da vítima, aproveitando esta circunstancia para furtar a tarxeta bancaria do denunciante e realizar con ela diversas compras na internet, ascendendo o total a 1.845,55 euros.
A Garda Civil procedeu á investigación desta muller como presunta autora dun delito de estafa e outro de furto.
46