Investigadas cinco persoas pola súa posible implicación no brote de gastroenterite de Corme

CEDIDA

  • A Garda Civil identificou dous focos de contaminación que orixinaron os casos de gastroenterite

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil da Coruña, investigou a cinco persoas como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e outro delito contra os recursos naturais e o medio ambiente.

Os feitos ocorreron a finais do pasado mes de setembro tras un brote de gastroenterite na localidade de Corme, por mor da contaminación das augas de abastecemento de Corme Porto–Ponteceso desencadeada por tres avarías consecutivas os días 18, 19 e 21 de setembro de 2019, que provocaron cortes de varias horas na rede de auga potable.

Despois da investigación, os axentes da Garda Civil identificaron dous focos diferentes de contaminación cuxa acción combinada orixinou o episodio de gastroenterite que afecto a centenares de veciños da localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha