O Equipo de Atestados do Subsector de Tráfico da Coruña, detecta que un condutor que sufrira un accidente de tráfico se atopaba baixo a influencia de bebidas alcohólicas. O sinistro viario con alcoholemia positiva aconteceu no quilómetro 35 da estrada AC-552 ,da Coruña a Cee, no termo municipal de Carballo.
Alí unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Coruña controlaba ao condutor dun turismo que sufrira unha saída de vía, ao facerlle a proba de alcoholemia este usuario arroxou un resultado positivo de máis do dobre do máximo permitido, 0,51 e 0,59mg/l en aire expirado. O Equipo de Atestados do Subsector de Tráfico da Coruña encárgase de reconstruír o sinistro viario e investigar á persoa por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas. O atestado será remitido ao Xulgado de Instrución Nº 3 de Carballo, xulgado en quenda de garda.
Cabe destacar que o Código penal sanciona estas condutas coa pena de prisión de tres a seis meses, coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, coa de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.