Investigado como presunto autor dun delito de estafa tentando vender xel hidroalcohólico

Coche Garda Civil

O Equipo Roca da Garda Civil de Carballo en colaboración coa do posto de Vimianzo investigou a un home, como suposto autor dun delito de estafa.

Os feitos ocorreron por mor de ter coñecemento o pasado mes de decembro da presenza na Costa da Morte dunha persoa que facéndose pasar por representante de distintas corporacións locais, coaccionaba a persoas de avanzada idade para a compra de diverso material para a prevención do Covid -19, principalmente xel hidroalcohólico. A Garda Civil iniciou unha investigación en aras de constatar a veracidade dos feitos e a identificación do autor no seu caso.

No transcurso da investigación os efectivos da mencionada Unidade pescudaron o modus operandi desta persoa, o cal consistía en contactar telefonicamente coas vítimas, normalmente persoas de avanzada idade, identificándose como representante da corporación local correspondente ao seu lugar de residencia, solicitándolle concertar unha cita no seu domicilio para a venda de diverso material de hixiene e prevención relacionado co Covid-19.

No caso de que o prexudicado se negase á súa solicitude ou unha vez no domicilio á compra dos produtos, o agora investigado o coaccionaba coa súa suposta posición e influencia no Concello, ameazándoo cos supostos conflitos que a súa negativa ía xerar coa corporación local.

Como resultado do traballo de campo realizado, os compoñentes da mencionada Unidade logaron a identificación plena do autor dos ilícitos, sendo esta persoa, un veciño de Santiago, coñecida dos corpos de seguridade por ilícitos da mesma índole.

A Garda Civil procedeu a súa investigación como presunto autor dun delito de estafa, continuando a investigación aberta ao non descartarse a existencia de máis vítimas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha