Investigado o loteiro lugués que denunciou ser vítima do roubo de 400.000 euros

O loteiro de Lugo que denunciou ser vítima dun atraco de 400.000 euros o pasado mes de decembro está a ser investigado pola súa posible implicación no roubo.

O Xulgado de Instrución número dous de Lugo citouno este venres para comunicarlle que se están a realizar pescudas sobre el, malia que, de momento, non hai ningunha imputación na súa contra e aínda non foi interrogado.

Polo de agora, hai varias liñas de investigación abertas e a Policía traballa con distintas hipóteses, polo que o loteiro é un máis dos varios investigados que hai respecto do caso.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha