Investigado por causar un sinistro e ausentarse sen auxiliar ás vítimas

Lugar do sinistro. Foto.- Garda Civil.

O equipo de Atestados de Tráfico da Coruña investiga a un condutor que fuxiu despois de provocar un accidente sen prestar auxilio á vítima e acabou dando positivo no control de alcoholemia.O accidente produciuse na DP-0701 sentido Santiago-Santa Comba e consistiu nunha colisión frontal entre dous vehículos. Segundo fontes policiais o condutor causante da colisión (invadira o sentido contrario), resultou ileso. No canto de prestar auxilio ao ocupante do outro turismo, marchou a pé do lugar dos feitos. O único ocupante do outro vehículo resultou ferido grave e tivo dificultades para chamar aos servizos de urxencia que acudiron na súa axuda. Os axentes de Tráfico lograron localizar ao condutor huído, que ao sometelo ás probas de alcoholemia arroxou un resultado positivo de 0,58 e 0,53 m/ l. Polos feitos está a ser investigado por tres delitos: lesións por imprudencia grave, condución baixo influencia de bebidas alcohólicas e por abanono do lugar do accidente sen prestar axuda. Faise cargo do caso o Xulgado de instrución número 3 de Santiago de Compostela.900