Investigado un carballés por sobrevoar co seu dron e sen autorización o espazo aéreo de Alvedro

1 minutes read
  • O dron realizaba unha gravación para un evento deportivo, pero o propietario carecía de permisos e contratos

O Equipo Pegaso da Policía Aérea da Garda Civil da Coruña, creado para o control da aviación lixeira, deportiva e drons, logrou identificar a un veciño de Carballo como propietario dun dron DJI MAVIC -2 que sobrevoou o espazo aéreo controlado do aeroporto de Alvedro, sen ningún tipo de autorización e sen ter contratado ningún tipo de seguro de responsabilidade civil.

Trátase dunha empresa que realizaba un voo profesional que gravaba un vídeo aéreo para un evento deportivo realizado na cidade da Coruña. Unha vez identificado, comprobouse que o mesmo carecía dos requisitos obrigatorios requiridos por Aesa (Axencia Estatal de Seguridade Aérea) e dos de identificación que deben ter todas as naves deste tipo.

Os pilotos profesionais de drons poden actuar no espazo aéreo controlado, a condición de que traballen nunha empresa operadora que estea dada de alta en Aesa ou estar habilitados como operadores propios.

As sancións graves, establecidas na Lei de Seguridade Aérea, poden chegar ata os 90.000 euros.