Investigado un carballés que conducía un camión sen permiso e deu positivo en alcol e drogas

Control de alcoholemia_Archivo.

O Sector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil en Galicia investigou a un veciño de Carballo como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria ao ir ao volante un camión sen permiso de condución e dar positivo en alcol e drogas. Os feitos sucederon cando efectivos do Sector de Tráfico Galicia durante un punto de verificación a vehículos de mercadorías e viaxeiros, procedeu a dar o alto a un camión para realizar a oportuna inspección na estrada AC-400 ao seu paso por Tordoia.

O condutor do vehículo, ante o sinal regulamentario de alto non se detivo, continuando a marcha e a uns 400 metros parouse, baixando do camión e emprendendo a fuxida a pé polos terreos lindeiros. Os gardas civís emprenderon un seguimento campo a través, sendo localizado o condutor escondido entre unhas matogueiras.

Unha vez identificado o condutor, comprobouse que nunca obtivera o permiso de condución de ningún tipo de vehículo. Ao ser sometido ás probas de alcol lanzou un resultado positivo de 0,36 mg/l e 0,35 mg/l en aire expirado. Así mesmo, deu resultado positivo encocaína, THC e anfetaminas tras a proba de drogas á que foi sometido, estando pendente de confirmación polo laboratorio de referencia.

Por tales feitos a Garda Civil procedeu a investigar ao condutor que estaba en requisitoria polo Xulgado de Instrución nº 2 de Corcubión cunha orde de procura, detención e comparecencia, por un delito contra a seguridade viaria ao non obter nunca o permiso de conducir e a formular a correspondente denuncia administrativa por dar positivo en alcol e drogas. O investigado quedou a disposición xudicial do Xulgado de Instrución número 2 de Ordes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha