Investigado un cura de Avión por abusos sexuais


O xulgado de Ribadavia está a investigar un cura que exercía en varias parroquias do concello ourensán de Avión como o presunto autor dun delito de abusos sexuais a un menor. O Bispado de Ourense xa comunicou que o apartara por segunda vez dos seus labores pastorais, desde que se iniciou o procedemento en 2017. Segundo o xulgado, os abusos ocorreron en 2006 cando o cura, de 47 anos, estaba formando na súa casa particular un neno de 10 anos. O Xulgado pídelle á Fiscalía que se sigan as dixilencias e que presente escrito de acusación contra el. Antes, a Audiencia deberá contestar ao recurso que presentou a defensa do sacerdote. Este é o terceiro caso de delitos sexuais contra menores que se destapa este ano na Diócese de Ourense.